Tag Archives: poder

Dereito, soberanía e representación: a sobrecodificación das sociedades normalizadas

Cando: 20 de Febreiro de 2013

A partir dalgúns dos desenvolvementos de Michel Foucault, cabe cuestionar o discurso da lei, da soberanía e da representatividade: alicerces estes da lexitimidade do Estado, pero tamén trazos constitutivos da conciencia e do coñecemento individual. Agora que están erosionados polas propias dinámicas do capitalismo ás que deron amparo, é momento de entender que sempre foron xogos de verdade que se desenvolveron en paralelo dunhas relacións de poder que son máis amplas e máis densas do que tales termos permiten pensar. En consecuencia, a reclamación de novos (e vellos) dereitos, o exercicio da vontade soberana, a visibilidade representativa, han de ser para as loitas de resistencia momentos tácticos singulares no ámbito de estratexias máis vastas (e máis vastas quererá dicir aquí, tamén, máis miúdas).

Imparte: Diego Lubián (Proxecto Derriba)

Máis aquí


Descarga VBR Zip

As institucións penitenciarias dende dentro

Cando: 6 de Marzo de 2013

Neste módulo contaremos coa presenza dun representante da asociación de apoio a presos PRESOS Galiza, cunha persoa que vén de cumprir condea na cadea e coa nai do preso histórico Xosé Tarrío (autor do libro Huye, hombre huye) para que nos conten cales son as súas experiencias en torno das institucións penitenciarias, e reflexionar sobre os cambios que tiveron lugar nos últimos tempos no seu funcionamento interno.

Imparte: Francisco Conde Soto (Proxecto Derriba)

Máis aquí