Category Archives: Soberanía e Institucións

Dereito, soberanía e representación: a sobrecodificación das sociedades normalizadas

Cando: 20 de Febreiro de 2013

A partir dalgúns dos desenvolvementos de Michel Foucault, cabe cuestionar o discurso da lei, da soberanía e da representatividade: alicerces estes da lexitimidade do Estado, pero tamén trazos constitutivos da conciencia e do coñecemento individual. Agora que están erosionados polas propias dinámicas do capitalismo ás que deron amparo, é momento de entender que sempre foron xogos de verdade que se desenvolveron en paralelo dunhas relacións de poder que son máis amplas e máis densas do que tales termos permiten pensar. En consecuencia, a reclamación de novos (e vellos) dereitos, o exercicio da vontade soberana, a visibilidade representativa, han de ser para as loitas de resistencia momentos tácticos singulares no ámbito de estratexias máis vastas (e máis vastas quererá dicir aquí, tamén, máis miúdas).

Imparte: Diego Lubián (Proxecto Derriba)

Máis aquí


Descarga VBR Zip

Recuperando a política: a crise da representación e formas alternativas de construción democrática

Cando: 27 de Febreiro

Neste módulo, seguindo o fío dalgunha das máis relevantes obras de J. Rancière, pretendemos levar a cabo unha crítica dos mecanismos e estratexias de apropiación democrática por parte dunha elite dirixente, a cal dispón, no plano político, como principal ferramenta de actuación e (auto)lexitimación o sistema “democrático” representativo. Co gallo da súa posta en crise, algo que se evidencia na aparición e forza dos novos movementos alternativos contestatarios á lóxica de funcionamento do actual sistema democrático (reivindicando para si un espazo de participación política previamente usurpada) intentarase ofrecer unha nova noción de política que esixa, á súa vez, como corolario, unha nova formulación da democracia.

Imparte: Brais Arribas (Proxecto Derriba)

Bibliografía

Máis aquí

As institucións penitenciarias dende dentro

Cando: 6 de Marzo de 2013

Neste módulo contaremos coa presenza dun representante da asociación de apoio a presos PRESOS Galiza, cunha persoa que vén de cumprir condea na cadea e coa nai do preso histórico Xosé Tarrío (autor do libro Huye, hombre huye) para que nos conten cales son as súas experiencias en torno das institucións penitenciarias, e reflexionar sobre os cambios que tiveron lugar nos últimos tempos no seu funcionamento interno.

Imparte: Francisco Conde Soto (Proxecto Derriba)

Máis aquí

Deconstrución da soberanía na universidade

Cando: 13 de Marzo

Todo simulacro de esfumación docente mantén á vez un dobre xogo de poder. Por un lado, conserva o poder do corpo docente como autoridade e palabra soberana. Por outro lado, sitúa ese mesmo poder en submisión ao corpo docente que o executa. O corpo docente é soberano ao tempo que submiso á súa soberanía. A deconstrución desta soberanía é inevitable dende o momento en que toda relación de esfumación consiste nun corpo a corpo.

Imparte: Delmiro Rocha (Proxecto Derriba)

Máis aquí


Descarga VBR Zip