Category Archives: economías aeconómicas

Cara á aporía económica. Achegas filosóficas do século XX.

Cando: 30 de Xaneiro de 2013

A crise financeira acabou por impoñer o discurso economicista como única ferramenta para comprendérmonos na situación actual. Fronte a esta deriva do capitalismo, a filosofía contemporánea leva moito tempo afondando criticamente na hexemonía do económico: o cuestionamento da calculabilidade, as críticas ás teorías do valor, a problemática da representación, as teorías do signo ou a irrupción da figura do don ou a do procomún poderían estar a problematizar o modelo vixente de intercambio de bens dende dimensións que nos axuden -agora que a escaseza de cartos de curso legal se está a facer máis insistente nas capas baixas da sociedade- a atopar alternativas (an)económicas resistentes ás lóxicas de dominación.

Imparten: Abraham Rubín e Lucía Castro (Proxecto Derriba)

Bibliografía

Este texto será obxecto de discusión ao final da sesión.

Audios da sesión:

Primeira parte:


Descarga VBR Zip

Segunda parte:


Descarga VBR Zip

Apropiacións do outro I. A captura do común ou quen fabrica a débeda

Cando: 13 de Febreiro de 2013

A débeda é un dos motivos centrais que está a articular o achegamento que desde os Estados se fai co gallo dunha política económica. É tal a xeneralización desta perspectiva que a débeda se converteu xa en parte indisociable do proceso de produción e adquisición dunha cidadanía (ou subxectividade); é dicir, considérase que todxs xs cidadáns deben e, por tanto, fabrícase a concepción de ser humano endebedado. Nesta aproximación a unha fundamentación filosófica do concepto económico, seguiremos a Maurizio Lazzarato á hora de formular algúns interrogantes que nos leven a ver de que forma ilexítima se están a trazar as liñas mestras das economías europeas na procura da eliminación do común, ou noutras verbas, da apropiación do outro.

Imparten: Abraham Rubín e Lucía Castro (Proxecto Derriba)

Bibliografía

Máis aquí

Descarga VBR Zip