Apropiacións do outro I. A captura do común ou quen fabrica a débeda

Cando: 13 de Febreiro de 2013

A débeda é un dos motivos centrais que está a articular o achegamento que desde os Estados se fai co gallo dunha política económica. É tal a xeneralización desta perspectiva que a débeda se converteu xa en parte indisociable do proceso de produción e adquisición dunha cidadanía (ou subxectividade); é dicir, considérase que todxs xs cidadáns deben e, por tanto, fabrícase a concepción de ser humano endebedado. Nesta aproximación a unha fundamentación filosófica do concepto económico, seguiremos a Maurizio Lazzarato á hora de formular algúns interrogantes que nos leven a ver de que forma ilexítima se están a trazar as liñas mestras das economías europeas na procura da eliminación do común, ou noutras verbas, da apropiación do outro.

Imparten: Abraham Rubín e Lucía Castro (Proxecto Derriba)

Bibliografía

Máis aquí

Descarga VBR Zip

3 Responses to Apropiacións do outro I. A captura do común ou quen fabrica a débeda

  1. Timi Vudú says:

    Para ampliar los materiales antropológicos sobre la noción de deuda puede ser interesante echarle un ojo a: http://es.scribd.com/doc/125011239/Graeber-D-2012-En-Deuda-Una-historia-alternativa-de-la-economia-Madrid-Ariel

    Hasta donde he leído Graeber señala que los sistemas de crédito son anteriores al dinero. Citando a Moses Finley, afirma que todos los movimientos revolucionarios de la Antigüedad tenían un mismo programa: cancelar las deudas (mediante la destrucción ritual de los registros de deuda: tablillas, papiros, libros contables…) y redistribuir la tierra. Por otra parte trata de demostrar que las sociedades ‘primitivas’ basadas en el trueque no existieron nunca (el trueque solía usarse entre tribus distintas e incluso enemigas) y que se trataría más bien de un modelo -al estilo del estado de naturaleza hobbesiano- construido por los economistas para explicar la necesidad de la moneda (como algo derivado de la insuficiencia del trueque mismo para asegurar la recurrencia económica).

  2. Tavo says:

    (Non sei se xa o compartirades; por se non fose o caso, aí vai): Artigo de R. Kurz sobor das utilidades do subsistema da “economía do terceiro sector, diferenciada do estado e do mercado, como campo axeitado para as cooperativas integrais igualitarias e autosuficientes en tanto que micro-modelo da sociedade comunalista, no contexto da discusión arredor das extratexias de éxodo, contrapoder dual, “transformación intersticial” (E.O. Wright), etc.

    http://galizalivre.org/?q=colaboracom/para-al-m-do-mercado-e-do-estado-transforma-o-da-economia-atrav-s-de-um-novo-modo-de-pro

  3. dexectora says:

    Grazas polas aportacións.
    Aquí van dous links relacionados co bitcoin, por se alguén estivese interesado en saber máis sobre esta moeda P2P:
    http://elbitcoin.org/
    http://evoorhees.blogspot.com.es/2012/04/bitcoin-libertarian-introduction.html

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *


*